Ir o contido principal
aventeira

Oferta de emprego Aventeira

Que precisamos?
→ Alguén con formación ou experiencia en mediación de conflitos e dinamización de grupos.
→ Formación en Psicoloxía, Educación ou experiencia en contextos educativos (formais ou non formais).
→ Residencia na comarca da Coruña.
→ Capacidade para desenvolver as actividades e manter a comunicación escrita en lingua galega.

Que valoramos?
→ Valorarase contar tamén con formación e/ou experiencia en Igualdade, Educación Afectivo-Sexual, Participación e/ou Facilitación de Grupos.
→ Carné de conducir e coche propio.

Condicións laborais
→ Contrato inicial de 5 meses de duración (con posibilidade de continuidade).
→ Xornada completa.
→ Modalidade mixta: traballo presencial e online.
→ Salario segundo convenio como Técnico/a Especialista (1.509,28€ brutos/mes).
→ Incorporación prevista en xaneiro (valoraremos a dispoñibilidade para comezar antes se fose necesario).

Proceso de selección
→ Envía o teu CV antes do 26 de outubro (data límite) a través deste formulario: https://lnkd.in/d6X2MmWY
→ Tamén che pedimos que achegues, a través do formulario, unha proposta de actividade. As indicacións están aquí: https://lnkd.in/dxuushMD
→ Entrevistas: do 28 de outubro ao 5 de novembro.
→ Comunicación da persoa seleccionada: 7 de novembro.

Comments