Ir o contido principal

Convocatoria para a contratación temporal dun/ha terapeuta ocupacional no Concello de Quiroga

O Concello de Quiroga vén de aprobar, mediante resolución da Alcaldía de data 2 de outubro de 2025, as bases e a convocatoria para cubrir un posto de terapeuta ocupacional en réxime laboral temporal, a través do sistema de concurso-oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de sete días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As bases específicas da convocatoria poden consultarse íntegramente na sede electrónica do Concello de Quiroga (www.concellodequiroga.com), onde tamén se publicarán os sucesivos anuncios relacionados con este proceso selectivo, así como no taboleiro de anuncios municipal.

Esta convocatoria ten como obxectivo reforzar os servizos municipais dirixidos á atención e benestar da cidadanía, promovendo a incorporación temporal dun/ha profesional especializado/a en terapia ocupacional.

Comments