O Concello do Vicedo convoca axudas ao transporte para o alumnado que realiza estudos fóra do termo municipal (curso 2024-2025)
A Xunta de Goberno Local do Concello do Vicedo aprobou, na sesión extraordinaria celebrada o pasado 26 de setembro de 2025, as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas ao alumnado que realiza estudos fóra do termo municipal durante o curso académico 2024–2025.
O obxectivo destas axudas é contribuír aos gastos de desprazamento dos mozos e mozas do municipio que cursan Bacharelato, ciclos formativos de grao medio ou superior, estudos universitarios, másteres, doutoramentos ou ensinanzas artísticas superiores en centros situados fóra do Concello.
As contías das axudas establécense segundo a quilometraxe, cun importe que vai dos 120 aos 350 euros, e serán financiadas con cargo á partida 326.479 do orzamento municipal de 2025.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello do Vicedo no prazo de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 231, do 8 de outubro de 2025).
A documentación e os requisitos específicos poden consultarse no BOP de Lugo ou no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo.
📍 Máis información:
Concello do Vicedo – Praza do Concello, s/n
Tel.: 982 590 001
Web: www.vicedo.gal




Comments