Ir o contido principal
natalidad

Axudas municipais para o apoio á natalidade ano 2025 en Folgoso do Courel

O Concello de Folgoso do Courel aprobou as bases reguladoras das axudas municipais dirixidas a familias con fillos/as nacidos/as ou adoptados/as durante o ano 2025, co obxectivo de apoiar ás unidades familiares do municipio e contribuír á fixación de poboación.

Estas subvencións, concedidas en réxime de concorrencia non competitiva, buscan reducir o impacto económico dos primeiros gastos derivados do nacemento ou adopción, e favorecer a permanencia das familias no concello.

Beneficiarios:

  • Proxenitores/as de fillos/as nacidos/as ou adoptados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2025, sempre que:

    • A persoa solicitante teña residencia habitual en Folgoso do Courel con, polo menos, 6 meses de antelación á data do parto ou adopción.

    • O/a menor estea inscrito/a no padrón municipal.

    • A familia se comprometa a manter o empadroamento no Concello durante 3 anos desde o nacemento ou adopción.

    • Todos os membros da unidade familiar estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non teñan subvencións pendentes de xustificar.

    • Ningún membro estea incurso nas prohibicións previstas nas leis de subvencións.

Contía das axudas:

  • Ata 500 € por cada fillo/a nado/a ou adoptado/a.

  • O crédito total destinado é de 1.500 €, ampliable segundo as solicitudes e a dispoñibilidade orzamentaria municipal.

Prazo e lugar de presentación:

  • Ata o 15 de novembro de 2025.

  • Para nacementos ou adopcións producidas en novembro ou decembro, o prazo esténdese ata o 31 de xaneiro de 2026.

  • As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel.

 Máis información

BOP

Comments