O Concello de Covelo convoca axudas para a adquisición de libros e material escolar na Educación Infantil
O Concello de Covelo publicou a convocatoria de axudas municipais destinadas á adquisición de libros e material escolar polo alumnado matriculado en centros docentes públicos de educación infantil do municipio para o curso 2025/2026.
Estas axudas, en réxime de concorrencia competitiva, teñen como obxectivo axudar ás familias a facer fronte aos gastos derivados da escolarización das crianzas na etapa de Educación Infantil (segunda etapa).
A contía máxima das axudas será de 100 euros por alumna ou alumno, podendo chegar ata 125 euros no caso de alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33% ou pertencente a familias numerosas.
O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación oficial do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 861582), a través da ligazón:
🔗 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861582
📍 Máis información:
Concello de Covelo
Praza Mestre Cerviño, s/n – 36870 Covelo (Pontevedra)
Tel.: 986 650 002
Web: www.covelo.gal




Comments