Convocatoria para a selección dun albanel (C2) no Concello de Vilalba
O obxecto das bases é a cobertura, mediante contrato laboral de relevo, dun posto de albanel (C2) no Concello de Vilalba, en substitución dun traballador que accede á xubilación parcial.
O contrato manterase ata polo menos dous anos despois da idade ordinaria de xubilación da persoa substituída, conforme ao artigo 215.2 da TRLGSS e ao artigo 12 do Estatuto dos Traballadores.
Ademais, crearase unha lista de reserva co resto de aspirantes que superen o proceso selectivo, para cubrir futuras vacantes ou necesidades do servizo.
Requisitos
As persoas interesadas deberán cumprir, na data de finalización do prazo de presentación de instancias, os seguintes requisitos:
-
Nacionalidade: española ou dalgún Estado con dereito de acceso ao emprego público segundo o artigo 52 da LEPG.
-
Idade: ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
-
Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter o título de Graduado en ESO ou equivalente.
-
Permiso de conducir: carné tipo B.
-
Capacidade funcional: posuír as aptitudes físicas e psíquicas necesarias para o desempeño do posto.
-
Inhabilitación: non ter sido separado/a do servizo de ningunha Administración Pública nin atoparse inhabilitado/a.
-
Situación laboral: atoparse en situación de desemprego no momento do chamamento (non é necesario percibir prestación).
-
Cumprir coas normas de incompatibilidades da Lei 53/1984.
Prazo e forma de presentación de solicitudes
-
O prazo de presentación será de 20 días naturais, contados dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE).
-
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por medios electrónicos, conforme ao Regulamento nº 68 do Concello de Vilalba (BOP nº 73, de 29/03/2023).
-
O modelo oficial de solicitude figura como Anexo I das bases.
-
As listas provisionais e resolucións do proceso publicaranse na Sede Electrónica do Concello de Vilalba e no taboleiro de anuncios municipal.
Máis información
As bases completas da convocatoria e o modelo oficial de solicitude están dispoñibles na Sede Electrónica do Concello de Vilalba:




Comments