Ir o contido principal
deporte

Convocatoria 2025: Deporte Federado 2024 – Concello de Boiro

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as entidades deportivas federadas sen fins de lucro que cumpran cos requisitos recollidos na base 2ª das bases reguladoras específicas.

Réxime e criterios

A concesión realizarase en réxime de concorrencia competitiva, aplicando os criterios de valoración establecidos na base 3.2.
O concelleiro de economía e facenda actuará como órgano instrutor e o alcalde como órgano de resolución.

Dotación orzamentaria

  • Aplicación orzamentaria: 341 48001

  • Contía total: 63.050,00 €

  • Retención de crédito: Operación nº 220250011256

Prazo de presentación

O prazo será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación no BOP da Coruña da convocatoria.

Máis información:

BOP

 

Comments