Ir o contido principal
desenvolvemento benestar persoal

CONVOCATORIA DE BOLSAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA SUFRAGAR GASTOS RELACIONADOS CON MEDIDAS QUE APOIEN O DESENVOLVEMENTO E O BENESTAR PERSOAL

Subvencións en Santiago de Compostela a menores de idade que principalmente teñan as seguintes características:

• Trastornos da aprendizaxe.
• Trastornos da linguaxe.
• Trastornos de conducta.
• Estimulación temperá.
• Altas capacidades intelectuais.
• Terapia ocupacional.

O importe máximo por persoa será de 1200€/ano.

Documentación:

1. Impreso de solicitude cuberto e asinado pola persoa solicitante (titor/a, nai, pai,
acolledor/a).
2. DNI/NIE/pasaporte en vigor de cada membro da unidade familiar maior de idade.
3. Libro de familia ou, de non o ter, da documentación oficial que o substitúa.
4. Certificado bancario co código IBAN da conta na que desexa que ingresen a prestación
no caso de que sexa concedida. (a nome da persoa solicitante da axuda).
5. Informe de profesional colexiado que acredite a necesidade de tratamento periódico en
centros especializados ou de estar diagnosticado de enfermidade celíaca.
6. Declaración xurada na que se faga constar que a persoa non está sendo beneficiaria
doutra prestación pública polo mesmo concepto.

Para máis información e obter acceso á plataforma de presentación de solicItudes, fai clic no seguinte enlace: https://reg.redsara.es/

Comments