O Concello de Triacastela convoca unha praza de peón/a como funcionario/a interino/a por seis meses
O Concello de Triacastela publicou a resolución de Alcaldía do 8 de outubro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca o proceso selectivo para a provisión, mediante concurso-oposición, dunha praza de peón/a de obra pública como funcionario/a interino/a por un período de seis meses, coa data límite de contratación establecida no 31 de outubro de 2026.
Esta convocatoria enmárcase no Programa Reforzo do Emprego, incluído no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos 2025, impulsado pola Deputación de Lugo co obxectivo de apoiar a contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais.
O posto ofertado está encadrado na categoría de peón (grupo de cotización 10), cunha xornada laboral completa de luns a sábado e unha retribución bruta mensual de 1.381,33 euros, incluídas as pagas extraordinarias proporcionais. As funcións abranguen tarefas de limpeza viaria, mantemento de vías públicas, conservación de edificios municipais e outras labores básicas de servizos públicos.
As persoas interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases —como posuír o carné B, estar inscritas como demandantes de emprego, e acreditar o coñecemento de lingua galega (CELGA 1 ou superior)— e presentar a súa solicitude no prazo de 7 días naturais contados a partir do día seguinte á última publicación da convocatoria.
Toda a información detallada, así como as bases completas e os anexos necesarios para a inscrición, están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Triacastela no seguinte enderezo web:
🔗 https://triacastela.sedelectronica.gal/transparency/ec3369b9-2674-4ac1-9ae8-0c9362cc09df/
BOP LUGO




Comments