Ir o contido principal

O Concello de Taboada abre o prazo para a ampliación da bolsa de reserva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

O Concello de Taboada, por Resolución da Alcaldía de data 10 de outubro de 2025, aprobou a convocatoria e as bases reguladoras para a ampliación da bolsa de reserva creada o 20 de xuño de 2024, destinada a cubrir baixas ou vacacións do persoal do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Características do posto:

  • Modalidade de contratación: contrato temporal.

  • Xornada: completa.

  • Retribución: 1.381,33 € brutos mensuais (inclúe rateo da paga extra).

  • Funcións: atención doméstica, atención persoal e axuda ás persoas dependentes.

O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco (5) días hábiles contados a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo núm. 237, do 15 de outubro de 2025).

As bases completas da convocatoria poden consultarse:

  • Na páxina web: www.concellotaboada.es

  • Nas oficinas xerais do Concello de Taboada

  • No taboleiro de anuncios municipal

📅 Data de publicación no BOP: 15 de outubro de 2025

Comments