Ir o contido principal

Convocatoria para cubrir unha praza de Técnico/a de Medio Ambiente no Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño aprobou, mediante resolución da Alcaldía de data 30 de xullo de 2025, as bases xerais e específicas do proceso selectivo para cubrir, polo sistema de concurso-oposición libre, unha praza de Técnico/a de Medio Ambiente, adscrita ao Departamento de Urbanismo, Obras e Servizos Públicos, así como para a creación da correspondente bolsa de emprego.

A praza, pertencente ao grupo A2 e incluída na Oferta de Emprego Público do ano 2023, está encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, e conta coas retribucións correspondentes á súa clasificación profesional.

O sistema de selección será o de concurso-oposición, cunha valoración do 65 % para a fase de oposición e do 35 % para a fase de concurso, na que se terán en conta a titulación, a formación complementaria e a experiencia profesional.

As persoas interesadas deberán reunir, entre outros, os seguintes requisitos: posuír a titulación universitaria en Ciencias Ambientais, Bioloxía, Xeografía, Xeoloxía, Enxeñaría Agraria ou Forestal, Ciencias do Mar ou titulación equivalente, e acreditar o coñecemento do idioma galego mediante o CELGA 4 ou documento equivalente.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE). As instancias deberán presentarse preferentemente a través da sede electrónica do Concello de Tomiño (https://tomino.sedelectronica.gal).

A publicación íntegra das bases e demais información relacionada co proceso selectivo pode consultarse na sede electrónica do Concello de Tomiño e no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Comments