Ir o contido principal
axudas

Subvencións para actividades culturais en Tui 2025

O Concello de Tui convoca subvencións para apoiar as actividades culturais de

1. Asociacións culturais locais durante o ano 2025
.

A convocatoria (BDNS Identif.: 861984) conta cun orzamento total de 42.200 €, cun máximo de 7.000 € por proxecto e ata o 80 % do custo subvencionable.

As solicitudes poderán presentarse durante 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Máis información e bases completas en:
👉 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/861984

 

2. Asociacións musicais e bandas de gaitas durante o ano 2025.

A convocatoria (BDNS Identif.: 862002) dispón dun orzamento total de 43.000 €, cun máximo de 15.000 € por proxecto e ata o 80 % do custo subvencionable.

O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis información e bases completas en:
👉 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/862002

 

3. ANPAs dos centros educativos do municipio para apoiar actividades realizadas durante o ano 2025.

A convocatoria (BDNS Identif.: 862011) establece que a axuda non poderá superar o 80 % do orzamento presentado, cunha subvención máxima entre 700 € e 3.500 €, segundo a puntuación obtida nos criterios de valoración.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Máis información e bases completas en:
👉 https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/862011

 

BOPPontevedra 16/10/2025

Comments