Convocatoria de subvencións a clubs e entidades deportivas municipais (2025)
O Concello de Ferrol publica a convocatoria do Programa de Subvencións a Clubs e Entidades Deportivas Municipais para o fomento e promoción do deporte, con cargo ao orzamento municipal de 2025.
Entidades beneficiarias:
Poderán solicitar estas axudas todas as entidades deportivas que fomenten e promocionen a educación física e o deporte no termo municipal de Ferrol.
Obxecto das axudas:
As subvencións destínanse á realización de actividades deportivas, distribuídas en dúas liñas:
-
Participación en competicións deportivas federadas.
-
Actividades de iniciación e fomento do deporte non federado.
Contía e límite das axudas:
O orzamento total dispoñible é de 180.000 €. A subvención non poderá superar o 40% do custo da actividade, nin os 10.000 € por entidade.
Prazo de presentación:
15 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
Bases reguladoras e información completa:
As bases publicáronse no BOP da Coruña do 13/10/2025 (BOP núm. 195) e poden consultarse no seguinte enlace: BOP A Coruña
O texto completo da convocatoria está dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións: BDNS 861975




Comments