XI Concurso fotográfico para o calendario do Concello de Toén do ano 2026
Primeiro. Persoas participantes
Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.
Non poderán participar os/as concelleiros/as da Corporación, os/as empregados/as municipais nin os/as familiares dos/as anteriores de primeiro grao en liña descendente ou ascendente.
Segundo. Temática
As fotografías presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello de Toén (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, festas...). Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello de Toén na fotografía.
Todas as fotografías deben de acompañarse dunha breve descrición da súa localización e do que representan.
Terceiro. Bases reguladoras
Publicadas integramente na sede electrónica municipal (https://concellodetoen.sedelectronica.es) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.
Cuarta. Premio
O importe do premio é de 150,00 €.
Quinta. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das fotografías remata o día 14/11/2025, ás 14.30 horas.




Comments