Ir o contido principal
cole

O Concello de Teo aproba as bases da convocatoria de axudas para o ensino e o transporte do curso 2025/2026

A Xunta de Goberno Local do Concello de Teo aprobou, na sesión do 6 de outubro de 2025, as bases reguladoras da convocatoria de axudas municipais destinadas a apoiar ao alumnado e ás familias con menos recursos económicos no vindeiro curso académico 2025/2026.

 

As axudas cobren os gastos derivados do material escolar, libros de texto, contidos dixitais e transporte para estudantes de diferentes niveis educativos, desde Educación Infantil ata estudos universitarios e ensinanzas artísticas superiores.

Destinatarios e requisitos

 

Poderán solicitar estas axudas as familias empadroadas en Teo que cumpran cos requisitos económicos establecidos e teñan fillos/as escolarizados en centros públicos de educación infantil, primaria, secundaria, formación profesional, bacharelato, universidade ou ensinanzas especiais.
Tamén se contempla o apoio ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), así como as axudas de transporte para estudantes que cursen os seus estudos fóra da área metropolitana de Santiago.

Prazo e lugar de presentación

 

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Teo (de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas), a través da sede electrónica ou polas vías establecidas na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común.

Contía das axudas

 

As axudas poderán acadar os seguintes importes máximos:

  • Educación Infantil, Primaria, ESO e PCPI: 100 €
  • Alumnado con NEE: 150 €
  • Bacharelato e Formación Profesional: 150 €
  • Universidade e ensinanzas artísticas superiores: 200 €
  • Axuda de transporte: 200 €

 

O orzamento total destinado a esta convocatoria ascende a 35.000 euros, con cargo ao exercicio 2026.

 

Toda a información, bases completas e modelos de solicitude poden consultarse na páxina web municipal de Teo (https://www.teo.gal) e no taboleiro de edictos do Concello.

Comments