Ir o contido principal

Convocatoria dunha praza de auxiliar de enfermaría na Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello do Grove

A contratación ten carácter temporal, para cubrir a praza durante o período de incapacidade temporal da persoa titular.

Requisitos principais

  • Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados da UE (ou asimilados).

  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

  • Estar en posesión do título de Auxiliar de enfermaría, Técnico/a en Coidados Auxiliares de enfermaría ou equivalente da rama sanitaria.

  • Acreditar o coñecemento do galego (Celga 2) ou realizar proba específica.

  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño do posto.

  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou inhabilitación para o emprego público.

Condicións e retribucións

  • Contrato: interinidade por substitución.

  • Xornada: 37,5 horas semanais.

  • Salario base mensual: 1.604,22 €

  • Retribucións brutas anuais: 22.459,08 € (con actualizacións salariais correspondentes).

Prazo e presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

As instancias deberán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello do Grove,

  • A través do Rexistro Electrónico municipal, ou

  • Nos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

 Máis información

 

Comments