Ir o contido principal
COMMEMALU25

XXXVI Certame de Fotografía e Vídeo de Montaña

O Memorial María Luisa convoca a fotógrafos e cineastas, tanto afeccionados como profesionais, na que será a  trixésimo sexta edición do seu concurso de Fotografía e Vídeo de Montaña, Natureza e Aventura. A montaña, a natureza, a vida salvaxe, o alpinismo, a escalada, a paisaxe, o mundo mergullado, a biodiversidade, a flora, os deportes extremos e de aventura, volverán ser os temas de referencia neste certame, tanto nas categorías de fotografía como na sección de vídeos, películas e documentais.

Requisitos:
-Fotógrafos e cineastas, afeccionados ou profesionais.
-A categoría especial tema de ano estará dedicado ao mundo rural tradicional.
-Nesta ocasión o concurso componse de catorce categorías temáticas sobre a Montaña, a Natureza e a Aventura, ademais da específica dos vídeos.

Dotación:
Premio gañador absoluto: 4.000 €
Premio gañador de cada unha das categorías de fotos: 300 €
Premio ao concursante novel: unha Tablet Samsung 4G, trofeo, diploma, libro porfolio.
Premio extraordinario tema do ano: un reloxo Citizen BN0151, trofeo, diploma, libro porfolio.
Premio ao mellor vídeo, película: este premio estará dotado cun vale por importe de 3.000 €.

Dirección:
Memorial María Luisa, Apartado de Correos 19, 33530 Infiesto (Asturias - España)

Convoca: Memorial María Luisa

Máis información:
https://www.memorialmarialuisa.com/index2.php

Comments