Ir o contido principal
foto

I Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”

O Concello de Malpica de Bergantiños convoca o I Concurso Fotográfico “Malpica, Natureza en Olladas”, co obxectivo de recoller as imaxes gañadoras no calendario municipal do ano 2026.

A temática do certame céntrase en lugares recoñecibles do concello de Malpica de Bergantiños, xa sexan arquitecturas, monumentos naturais, prazas, paisaxes, obxectos ou recunchos emblemáticos.

O prazo para presentar as fotografías estará aberto do 15 de outubro ao 14 de novembro de 2025 ás 23:59 horas, e as imaxes deberán enviarse en formato “jpg” ao enderezo electrónico turismo@malpicadebergantinos.es, xunto cos datos persoais do autor e un breve texto explicativo sobre a fotografía presentada.

O concurso entregará un total de 13 premios, por un importe global de 920 euros:

  • 1º premio: 200 € á fotografía elixida como portada do calendario.

  • 12 premios adicionais: 60 € cada un para as imaxes correspondentes aos meses do ano.

O fallo do xurado farase público antes do 21 de novembro de 2025, e as obras premiadas pasarán a ser propiedade do Concello de Malpica de Bergantiños, que poderá empregalas en calquera tipo de reprodución ou exposición.

As bases completas da convocatoria poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 862796) e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 196 do 14/10/2025.

📅 Prazo de presentación: do 15/10/2025 ao 14/11/2025
📍 Correo electrónico de envío: turismo@malpicadebergantinos.es
🔗 Máis información: BDNS 862796

Comments