A Deputación da Coruña convoca os II Premios de Turismo 2025 para recoñecer a innovación e sustentabilidade no sector
A Deputación Provincial da Coruña abriu a convocatoria dos II Premios de Turismo da Deputación da Coruña (PREM-TUR/2025), unha iniciativa que busca recoñecer o labor de persoas, empresas e entidades que destacan pola súa traxectoria, innovación, sustentabilidade e contribución á calidade e diferenciación do turismo na provincia.
Estes galardóns pretenden poñer en valor proxectos e iniciativas que impulsen un modelo turístico responsable, innovador e sostible, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e co compromiso coa comunidade local.
A convocatoria está aberta a todas as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan a súa actividade turística na provincia da Coruña. As candidaturas presentaranse exclusivamente de xeito telemático a través da plataforma SUBTEL da Deputación da Coruña, no prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación das bases no BOP.
Categorías dos premios
-
Mellor iniciativa de innovación, calidade e sustentabilidade turística
-
Mellor iniciativa de posta en valor da autenticidade do territorio
-
Mellor proxecto de turismo emerxente
-
Mellor proxecto de turismo enogastronómico
-
Premio a toda unha vida dedicada ao turismo
O xurado tamén poderá conceder mencións especiais a persoas ou entidades que, sen estar candidatas, merezan un recoñecemento polo seu labor no turismo provincial.
Os premios non teñen dotación económica, pero inclúen un galardón conmemorativo e unha campaña de recoñecemento público e mediático promovida pola Deputación.
A entrega farase nunha Gala do Turismo da Deputación da Coruña, que reunirá ás persoas e entidades participantes nesta segunda edición.
Prazo de presentación: 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP
Presentación: Plataforma SUBTEL – sede electrónica da Deputación da Coruña
Máis información:




Comments