Axudas á escolaridade no Concello de Dodro
Constitúe o obxecto das presentes bases convocar axudas para a adquisición de material escolar (todo tipo de material agás os libros de texto xa subvencionados ou de préstamo), incluíndo gastos de actividades extraescolares e vestiario deportivo, destinadas ás familias que se atopen nunhas condicións socio-económicas menos vantaxosas.
Para os efectos de determinar os ingresos económicos anuais da unidade de convivencia terase en conta a declaración da renda do derradeiro exercicio fiscal pechado, que estea á disposición para poder realizar a consulta de datos. En dita consulta teranse en consideración as cancelas correspondentes a base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro da declaración consultada.
No caso de que non exista obriga de presentar a declaración da renda terase en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, a través do correspondente certificado de renda. Nestes supostos terase en conta os datos económicos aportados que garantan as mesmas condicións que para aqueles que se consultou a declaración da renda.
As/os solicitantes que superen a renda anual fixada para cada unidade familiar segundo o seu número de membros, non terán dereito á axuda.
O prazo é de cinco días hábiles desde a data de publicación no BOP.
Para máis información facer clic no seguinte enlace: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/10/22/2025_0000006835.html




Comments