Axudas para o fomento da natalidade no Concello do Corgo
O Concello do Corgo convoca as axudas económicas de pago único anual para o fomento da natalidade, correspondentes ao ano 2024. Estas axudas están destinadas a apoiar ás familias do municipio con motivo do nacemento ou adopción de fillos/as.
Prazo de solicitude:
1 mes contado dende o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
Destinatarios:
Persoas residentes no Concello do Corgo que tiveran un fillo/a nacido ou adoptado entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.
Tipo de axuda:
Axuda económica de pago único anual, segundo o establecido na ordenanza municipal.
Procedemento:
As solicitudes deberán presentarse conforme o previsto na devandita ordenanza, achegando a documentación establecida e cumprindo cos requisitos recollidos na mesma.
Máis información:




Comments