Subvencións a asociacións e entidades culturais sen ánimo de lucro do Concello de Barbadás
As presentes bases teñen por obxecto establecer as normas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas axudas económicas monetarias, que segundo as disposicións legais vixentes, terán carácter de subvención. En concreto, o obxecto das presentes bases serán as actividades realizadas para fomento dos intereses e do movemento cultural do Concello.
Terá a consideración de beneficiario da subvencións a persoa que realice a actividade que fundamentou o seu outorgamento.
A contía máxima por asociación ou entidade é de 1800 euros.
O prazo de presentación será de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
Para máis información consultar o seguinte enlace:https://bop.depourense.es/portal/anuncio/348194




Comments