Concesión de Premios do Certame de decoración de adornos de Nadal de tamaño mediano-grande con materiais reciclados do Concello de Baiona
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Festexos, Medio Ambiente e Comercio, organiza o presente concurso co obxecto de promover e incentivar a creatividade e implicar á poboación e a todos os sectores da sociedade baionesa na decoración do nadal coa premisa ambiental de RECICLAR, REDUCIR E REUTILIZAR.
Poderán participar neste concurso os centros, entidades e asociacións culturais, sociais, deportivas, veciñais, comunidades de montes, augas, ect.. que se atopen rexistradas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Baiona; As Anpas e centros educativos regrados e non regrados, escolas de danza, música, idiomas; o comercio e a hostalería local, grupos informais e os cidadáns particulares, que con motivo da Campaña do Nadal 2025-2026, divididos en dúas categorías con cinco premios cada unha á “mellor decoración do nadal con materiais de reciclaxe” solicíteno formalmente no Concello de Baiona e dentro do prazo establecido nas presentes bases.
A inscrición para participar, realizarase na Oficina de Rexistro do Concello ou a través da Sede electrónica, dentro dos venche (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
Para máis información consultar o seguinte enlace:https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2025/10/27/2025070138




Comments