Ir o contido principal
vecinos

O Concello de Barbadás convoca subvencións para asociacións veciñais en 2025

O Concello de Barbadás abre o prazo para que as asociacións veciñais inscritas no Rexistro Municipal poidan solicitar subvencións destinadas ao apoio das súas actividades durante a anualidade 2025.

Esta convocatoria, dispoñible na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS Identif.: 863849), ten como obxectivo impulsar o movemento asociativo e o desenvolvemento de iniciativas que contribúan ao interese público e á participación cidadá no municipio.

📌 Beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas as asociacións de carácter veciñal validamente constituídas e inscritas no correspondente rexistro municipal, cumprindo os requisitos establecidos na Lei xeral de subvencións.

💶 Importe das axudas
A contía concedida a cada entidade dependerá da puntuación acadada, cun límite máximo de 2.000 euros por solicitude:

  • 1–5 puntos → 500 €

  • 6–10 puntos → 1.000 €

  • 11–15 puntos → 1.500 €

  • 16–20 puntos → 2.000 €

🕐 Prazo de solicitude
O prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

Toda a información e o texto completo da convocatoria poden consultarse na BDNS:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/863849

Comments