Ir o contido principal
PREYOU25

Premios Youtubeiras+

A Universidade da Coruña súmase un ano máis á organización dos Premios Youtubeiras+, unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística das tres universidades públicas galegas, a Deputación da Coruña e de dez concellos, co obxectivo de promocionar o talento en galego nas redes sociais.

Os Premios Youtubeiras+ abren a participación á creación de contidos en galego en calquera rede social e en todos os formatos. O concurso, que ata a edición pasada só permitía concorrer a quen lanzase as súas creacións en YouTube e TikTok, amplía o seu campo de acción e permite competir ás persoas maiores de 16 anos que teñan canles autoproducidas nas redes sociais en activo e accesibles durante o certame.

Os Premios Youtubeiras+ repartirán 7500 € entre as persoas gañadoras das sete categorías nas que se divide o certame este ano: Canle, Creación de contidos, Podcast, Revelación, Calidade lingüística, Rede e Premio do Público.

Todos os premios están dotados con 1000 €, agás os das dúas primeiras categorías, cuxos galardóns ascenden aos 1250 €.

O prazo de inscrición  remata o próximo 16 de novembro.

Máis información:
www.youtubeiras.gal

 

Comments