Ir o contido principal
nadal

O Concello de Vila de Cruces convoca o Concurso de Tarxetas de Nadal 2025

O Concello de Vila de Cruces pon en marcha unha nova edición do Concurso de Tarxetas de Nadal, co obxectivo de seleccionar a felicitación oficial que empregará a Corporación Municipal para desexar unhas felices festas aos veciños e veciñas do municipio.

Poderán participar todas as persoas empadronadas en Vila de Cruces, sen límite de idade, e establécense catro premios de 50 euros cada un: tres en función da idade dos participantes (0-16 anos, 17-64 anos e 65 ou máis anos) e un premio á tarxeta gañadora, que sairá das tres premiadas e terá carácter acumulativo.

As persoas interesadas deberán entregar a súa tarxeta de Nadal no Rexistro do Concello ata o 24 de novembro de 2025, acompañada do Anexo I de solicitude e cos datos persoais do autor/a na parte traseira da creación: nome e apelidos, enderezo, teléfono e idade.

O deseño deberá representar o Nadal, empregarse cartolina DIN-A4 dobrada pola metade e a técnica será libre, sempre que o traballo sexa realizado manualmente. Non se admitirán deseños elaborados mediante ordenador.

As tarxetas presentadas serán expostas no Auditorio Municipal Xosé Casal, e o xurado emitirá un fallo inapelable que se publicará no taboleiro de edictos do Concello, ademais de notificarse ás persoas gañadoras.

Todos os participantes cederán de forma gratuíta ao Concello os dereitos de explotación das obras premiadas, que poderán ser empregadas con fins promocionais ou en futuras edicións do concurso.

Desde o Concello animan a toda a veciñanza a participar e dar renda solta á súa creatividade para continuar unha tradición tan especial como é o Nadal en Vila de Cruces.

BOP PONTEVEDRA

Comments