Axudas a estudantes do Concello de Quiroga para o curso 2025/2026
Estas axudas teñen como obxectivo apoiar economicamente ao alumnado do municipio que curse estudos universitarios, de formación profesional, máster ou educación especial fóra do termo municipal.
As axudas destínanse a cubrir gastos derivados dos estudos, tales como:
-
Adquisición de libros de texto.
-
Matrícula de inscrición.
-
Gastos de transporte.
-
Gastos de vivenda.
Non se subvencionarán investimentos nin gastos bancarios ou impostos recuperables.
Persoas destinatarias e requisitos
Poderán ser beneficiarias as persoas estudantes que cumpran os seguintes requisitos:
-
Estar empadroadas no Concello de Quiroga.
-
Ser economicamente dependentes (menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar e non conten con ingresos propios).
-
Cumprir coas condicións establecidas nas leis de subvencións estatais e autonómicas.
Presentación de solicitudes
-
Prazo: 20 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
As solicitudes deberán ir dirixidas ao alcalde e presentarse no modelo normalizado dispoñible na sede electrónica.
Documentación necesaria
Entre outros documentos, será preciso achegar:
-
DNI da persoa solicitante.
-
Xustificante de matrícula ou resgardo de pagamento.
-
Facturas de libros, transporte e vivenda (se procede).
-
Certificado bancario co número de conta.
-
Declaración responsable de cumprimento de obrigas tributarias.
-
Autorización ao Concello para realizar comprobacións (Anexo II).
Contía das axudas
As axudas distribuiranse proporcionalmente segundo os gastos xustificados, incluíndo matrícula, material escolar, transporte e vivenda.
Máis información
Toda a información e o modelo de solicitude están dispoñibles na Sede electrónica do Concello de Quiroga
ou no correo electrónico: concello.quiroga@eidolocal.es




Comments