VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026 – Concello de Brión
O Concello de Brión, coa colaboración da Academia Galega de Teatro e Edicións Positivas, convoca o VIII Premio “Laudamuco” para Textos Teatrais 2026, co obxectivo de estimular e apoiar a creación dramática en lingua galega e render homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, figura clave do teatro galego contemporáneo.
Obxecto:
Premiar unha obra dramática inédita, non premiada e escrita en galego, de tema e extensión libre.
Premio:
-
7.000 € e edición da obra gañadora a cargo de Edicións Positivas (400 exemplares).
-
Entregarase tamén unha obra artística conmemorativa.
Presentación de obras:
-
Exclusivamente en formato dixital (PDF) ao correo: premiolaudamuco@concellodebrion.gal
-
Enviar dous arquivos:
-
Texto da obra (sen identificación da autoría, libre de metadatos).
-
Plica con datos persoais, pseudónimo e currículo.
-
Prazo:
Ata o 30 de xaneiro de 2026 ás 23:00 h.
Xurado:
Composto por cinco persoas de prestixio nas artes escénicas, propostas pola Academia Galega de Teatro e nomeadas polo alcalde de Brión.
Entrega do premio:
-
16 de maio de 2026, coincidindo co 47º aniversario da estrea de Laudamuco, señor de ningures.
Máis información:
-
Bases completas dispoñibles en www.concellodebrion.gal
-
Correo de contacto: premiolaudamuco@concellodebrion.gal




Comments