Participación de artesáns para o Mercado Municipal da Coruña
O obxectivo deste programa é o de facilitar o acceso a un espazo expositivo, demostrativo e de venda ás persoas artesás da provincia que así o soliciten, onde amosar as súas artes e traballos, promovendo que os sectores tradicionais da nosa economía poidan estar presentes, aproveitar a oportunidade de difusión e promoción e servir de exemplos transferibles a outros territorios.
O programa vai dirixido a pequenas, medianas empresas, micro-empresas, e persoas autónomas que desenvolvan actividade artesá con ánimo de lucro, con domicilio fiscal na provincia da Coruña e reúnan os seguintes requisitos con anterioridade á data de fin de presentación das solicitudes:
A invitación a participar nos distintos eventos onde se programe a presencia do Mercado da Deputación faranse mediante notificación electrónica a través da plataforma SUBTEL. dando un prazo de dous (2) días hábiles dende o día seguinte á recepción da notificación, para responder, pola mesma vía, aceptando ou rexeitando a mesma. Non responder en prazo implica o rexeitamento da invitación.
A aceptación de participación nun determinado evento farase mediante modelo posto a disposición dos participantes e suporá un compromiso por parte da persoa artesá, que non poderá ser cancelado con antelación inferior a 20 días naturais anteriores a data de celebración do evento, salvo polas causas xustificadas e acreditadas mediante documento oficial.
Para máis información fai clic no seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/03/2025_0000007149.html




Comments