Ir o contido principal
nadal

O Concello do Pino convoca o II Concurso de Decoración do Nadal

O Concello do Pino vén de aprobar, mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 28 de outubro de 2025, as bases do II Concurso de Decoración do Nadal, unha iniciativa coa que se busca promover a participación cidadá e dinamizar o espírito festivo nas rúas e fogares do municipio durante o Nadal.

O obxectivo do certame é fomentar a creatividade e o traballo en común, impulsar o uso de materiais reciclables e sostibles e contribuír a crear un ambiente acolledor e ilusionante propio destas datas. As persoas participantes deberán decorar os seus espazos con motivos propios do Nadal, podendo empregar técnicas e estilos libres.

O concurso conta con dúas categorías:

  • Familiar, dirixida a persoas que decoren o seu balcón, xanela, fachada ou xardín.

  • Colectiva, destinada a comercios, asociacións, colectivos veciñais ou empresas situadas no termo municipal.

O prazo de inscrición estará aberto do 5 ao 19 de decembro de 2025, podendo formalizarse a inscrición no Rexistro do Concello do Pino ou de forma telemática a través da sede electrónica municipal: https://opino.sedelectronica.gal.

As decoracións deberán permanecer expostas entre o 19 de decembro de 2025 e o 8 de xaneiro de 2026. O xurado, composto por persoas do ámbito cultural e técnico, valorará criterios como o deseño, a orixinalidade, a iluminación, o uso de materiais reciclables e o contido didáctico.

Os premios establecidos son os seguintes:

Categoría Familiar

  • 1º premio: 350 €

  • 2º premio: 250 €

  • 3º premio: 150 €

Categoría Colectiva

  • 1º premio: 350 €

  • 2º premio: 250 €

  • 3º premio: 150 €

A entrega de premios realizarase durante a Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro de 2026, na gala que se celebrará no Pavillón Municipal de Reboredo.

As bases completas e os formularios de inscrición poden consultarse na páxina web do Concello do Pino e no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

📩 Máis información: correo@opino.gal

Comments