Convocatoria da Campaña Agasalla comercio local ten premio para a dinamización do comercio local no Concello da Laracha
O obxectivo do programa é o fortalecemento dos sectores comercial, hostaleiro, taxis, cultural, educativo, salóns de peiteados e outros tratamentos de beleza municipais, a través dos rasca e gaña da campaña “AGASALLA COMERCIO LOCAL, TEN PREMIO III”.
Os establecementos e negocios que desexen adherirse ao programa rasca e gaña da campaña “AGASALLA COMERCIO LOCAL, TEN PREMIO III” deberán facelo mediante o formulario (anexo I) creado para este fin, a través da páxina web: www.nadal.alaracha.gal.
O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte á publicación do anuncio de aprobación de bases no Boletín Oficial da Provincia. Tamén serán publicadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web ata o 18 de novembro de 2025 (incluído).
Para máis información consultar o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/05/2025_0000007167.html




Comments