Bolsa de emprego de auxiliar administrativo/a – Concello de Mos
O Concello de Mos vén de aprobar, por acordo da Xunta de Goberno Local de data 10 de outubro de 2025, as bases e a convocatoria do proceso selectivo da bolsa de emprego para a provisión interina de prazas de auxiliar administrativo/a.
O obxecto desta convocatoria é crear unha bolsa de emprego que permita cubrir, con carácter interino, as prazas de auxiliar administrativo/a que resulten vacantes no Concello de Mos.
📅 Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
ℹ️ Máis información:
Os sucesivos anuncios relacionados con este proceso selectivo publicaranse na sede electrónica do Concello de Mos (http://mos.sedelectronica.gal) e, de forma potestativa, na páxina web municipal (http://mos.es) para unha maior difusión.




Comments