4ª Edición do Premio "Xoán Vicente Viqueira" de Investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.
En memoria do filósofo, psicólogo e escritor Xoán Vicente Viqueira Cortón, e coa finalidade de recoñecer a actividade de investigación e innovación levada a cabo por persoas ou entidades que teñan destacado no ámbito das ciencias sociais e humanidades, a Deputación da Coruña convoca a 4ª edición do Premio “Xoán Vicente Viqueira” de investigación en ciencias sociais, humanidades, sustentabilidade e innovación.
Os beneficiarios dependen da modalidade:
A) Premio á traxectoria de vida adicada á investigación nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social ao longo dos últimos 30 anos.
B) Modalidade de premio á innovación científica nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social.
C) Modalidade de premio á calidade dun traballo de investigación realizado por unha persoa investigadora nova nalgún dos ámbitos das ciencias sociais, as humanidades, a sustentabilidade e a innovación social.
O prazo de solicitude iniciarase o día 17 de novembro de 2025 ás 08:00 horas, e finalizará ás 14:00 horas do día 17 de decembro de 2025.
Para máis información, consultar o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/06/2025_0000007232.html




Comments