Ir o contido principal
BOLSASAMELIA

Bolsas Amelia Earhart

A Fundación Zonta International convoca 30 Bolsas Amelia Earhar, a través dun programa de bolsas e axudas, para que as mulleres e nenas de todo o mudo teñan acceso a todos os recursos  e estean en igualdade de condicións cos homes.

Estas bolsas están dirixidas a mulleres que cursan estudos de doutoramento / doutorado en enxeñería aeroespacial e ciencias espaciais.

As bolsas ofrecen unha dotación de 10.000 dólares estadounidenses podéndoos destinar en calquera universidade ou colexio que ofreza cursos e títulos de posgraduado acreditados nestes campos.

Requisitos:

-Poden solicitar as Bolsas Amelia Earhart as mulleres de calquera nacionalidade que cursen un Doutoramento e que demostren un historial académico superior, e que realicen investigacións aplicadas á Enxeñería Aeroespacial ou Ciencias Espaciais.
-As candidatas deben estar rexistradas nun programa de Doutoramento a tempo completo e completar polo menos un ano dese programa, ou recibir unha Mestría nun campo aeroespacial no momento de presentar a solicitude.
-As solicitantes non deben graduarse do seu programa de Doutoramento antes de abril de 2027.
-Todas as solicitudes ás Bolsas Aelia Earhart deben completarse en inglés e enviarse mediante o formulario de solicitude en liña en: https://zontainternational.awardspring.com/.

Dotación:
As Bolsas Amelia Earhart de US $10.000 outorgaranse anualmente  ata 30 mulleres que cursan estudos de Doutoramento en Enxeñería Aeroespacial e Ciencias Espaciais.
Esta dotación pode ser utilizada en calquera universidade ou colexio que ofreza cursos de posgraduado acreditados e títulos nestes campos.

Máis información:
https://www.zonta.org/web/web/programs/education/amelia_Earhart_Fellowship.aspx

 

Comments