Ir o contido principal
taxi

Subvencións para desprazamentos en taxi adaptado para persoas con discapacidade en Lugo

Requisitos
Poderán solicitar estas subvencións as persoas con discapacidade física e mobilidade reducida recoñecida que, ademais:

  • Teñan 4 anos ou máis.

  • Estean empadroadas en Lugo cunha antigüidade mínima de 1 ano.

  • Teñan grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensión de incapacidade permanente, e mobilidade reducida acreditada.

  • Non dispoñan de vehículo adaptado na unidade de convivencia.

  • Non teñan recoñecido este servizo por convenio laboral nin por ISFAS, MUFACE ou entidade similar.

  • Non superen 2,25 veces o IPREM vixente.

  • Estean ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Contía
O importe total destinado á convocatoria é de 5.000 €.
A axuda máxima anual poderá ser de 800 €, ou 1.000 € no caso de persoas empadroadas en zonas rurais.

Prazo
O prazo de presentación é de 15 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do extracto no BOP de Lugo.

Solicitudes
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou polos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Será necesario achegar a documentación indicada nas bases (incluíndo certificación de discapacidade e xustificación de ingresos).

Máis información
As bases completas poden consultarse en:
https://concellodelugo.gal
Tamén estarán dispoñibles no BOP de Lugo px 35

Comments