Ir o contido principal
investimento cultural

Subvencións da Deputación da Coruña para entidades sen ánimo de lucro a investimentos culturais.

Serán obxecto deste programa de subvencións unicamente aqueles investimentos necesarios para o desenvolvemento de proxectos e actividades culturais na provincia da Coruña por parte de entidades sen ánimo de lucro con domicilio fiscal na provincia da Coruña.

Poderán solicitar subvencións neste programa as entidades establecidas nas bases con domicilio fiscal na provincia da Coruña, que acrediten que as actividades obxecto da subvención se realizarán no ámbito territorial da provincia da Coruña e que cumpran os requisitos desta convocatoria e os establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase na convocatoria, que se publicará no BOP, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/07/2025_0000007321.html

Comments