Ir o contido principal
asociación de madres, padres y alumnos

Subvencións para as Asociacións de familiares e alumnado (AFAS) nos centros públicos da provincia.

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para colaborar nos gastos derivados das actividades levadas a cabo durante o ano 2026 polas asociacións de nais e pais de alumnado dos centros de educación primaria e institutos de educación secundaria de titularidade pública existentes na provincia da Coruña.

A presente convocatoria vai dirixida a asociacións de familiares e alumnado (AFAS) de centros educativos de titularidade pública da provincia da Coruña legalmente constituídas e que cumpran os requisitos desta convocatoria e os requisitos establecidos na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias no momento de presentaren a solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase na convocatoria, que se publicará no BOP, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións.

Para máis información consulta o seguinte enlace:https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2025/11/07/2025_0000007322.html

Comments