Ir o contido principal
nacimiento

Axudas por nacemento e/ou adopción de fillos/as 2025 en Vilariño de Conso

Obxecto da convocatoria

Proporcionar apoio económico ás familias con nacementos, adopcións ou acollementos entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, para:

  • Axudar a sufragar os gastos iniciais derivados da chegada dun novo membro.

  • Promover o comercio local.

  • Fomentar o asentamento poboacional no concello.

Beneficiarios/as

Poden solicitar a axuda:

  • Os proxenitores (casados, parellas de feito, convivintes ou monoparentais) cun fillo/a nacido/a dentro do período indicado.

  • Os adoptantes ou acolledores de nenos/as de ata 5 anos, sempre que a resolución xudicial se produza dentro das mesmas datas.

En casos de separación ou divorcio, a axuda corresponderá á persoa que teña a custodia legal.
Non poderán ser beneficiarios os proxenitores privados da patria potestade nin cando a tutela estea asumida por unha institución pública.

Importe da axuda

  • Ata 500 € por nacemento, adopción ou acollemento.

  • O crédito total dispoñible é de 3.600,00 €, con cargo á partida orzamentaria 231/480.

  • A axuda é única e non renovable en anualidades futuras (non se prevén pagos en anos posteriores, como en convocatorias anteriores).

Prazo de solicitude

 

Comments