Subvencións para entidades sen fins de lucro en proxectos medioambientais
A Deputación da Coruña convoca subvencións para financiar proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o ano 2026.
Requisitos
-
Entidades sen ánimo de lucro de carácter medioambiental da provincia da Coruña.
-
Inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Xunta de Galicia.
-
Antigüidade mínima de dous anos.
-
Domicilio ou oficina permanente na provincia.
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes determinarase na convocatoria publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP). As actividades deberán realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Deputación da Coruña, seguindo o procedemento indicado na Ordenanza xeral de subvencións e transferencias.
Máis información
Consulta o texto completo das bases no BOP número 215, 10 de novembro de 2025 ou na web da Deputación da Coruña




Comments