Nova convocatoria de subvencións para agrupacións de voluntariado de protección civil
A Deputación Provincial da Coruña abre dúas novas liñas de axudas para as agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios de protección civil da provincia da Coruña de concellos de menos de 50.000 habitantes:
-
Programa de subvencións para a realización de actividades durante o ano 2026 (convocatoria DP0032/2026): con un orzamento inicial de 75.000 €, subvención mínima 1.000 € e máxima 12.000 €. As actividades deberán estar realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
Obxectivo: impulsar o mantemento e reforzo dos servizos que prestan estas agrupacións.
Gastos subvencionables: compra de vestiario non inventariable, formación, xornadas e congresos, retribucións e seguridade social do personal administrativo, entre outros.
-
Programa de subvencións para realización de investimentos (convocatoria DP0033/2026): orzamento de 115.000 €, subvención mínima 1.000 €, máxima 12.000 €, para investimentos durante o ano 2026.
Obxectivo: subvencionar adquisición de ferramentas de rescate e salvamento, equipos de comunicación, informática, maquinaria, mobiliario para locais, etc.
As entidades deberán presentar a solicitude segundo a normativa da ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación. O prazo de presentación determinarase na convocatoria que publicará o BOP.
Para máis información e descarga das bases completas, poden consultarse os anuncios correspondentes no «Boletín Oficial da Provincia da Coruña».




Comments