Convocatoria da Deputación Provincial de Lugo para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal de ATS-DUE
A Deputación Provincial de Lugo aprobou, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno celebrada o 31 de outubro de 2025, a convocatoria e as bases específicas para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal de ATS-DUE (grupo A, subgrupo A2).
O obxectivo desta convocatoria é dispoñer dunha listaxe actualizada de persoal de enfermaría que poida atender as necesidades dos distintos servizos provinciais cando sexa preciso realizar nomeamentos temporais, conforme á normativa vixente.
As persoas interesadas deberán cumprir os requisitos establecidos nas bases xerais e específicas da convocatoria, entre eles estar en posesión do título de graduado/a ou diplomado/a universitario en Enfermaría e acreditar o nivel de galego CELGA 4.
Os postos de traballo poderán desempeñarse nos centros de atención a persoas maiores da provincia de Lugo, así como nas distintas unidades administrativas que requiran destas funcións especializadas, sempre que exista unha necesidade urxente e xustificada.
A convocatoria e as bases específicas publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP nº 260, do 12 de novembro de 2025).
As persoas aspirantes poderán presentar a súa solicitude de participación no proceso selectivo segundo o establecido nas bases da convocatoria.
Máis información dispoñible no BOP de Lugo e na sede electrónica da Deputación Provincial de Lugo: www.deputacionlugo.gal




Comments