O Concello de Paderne convoca unha praza para a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Por Decreto nº 615/2025, de data 10 de novembro de 2025, o Alcalde-presidente do Concello de Paderne resolveu convocar un procedemento público para a contratación laboral temporal dun peón ou peoa, ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta convocatoria enmárcase na colaboración con entidades locais e está cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. O contrato terá unha duración de nove meses, e o proceso de selección realizarase mediante concurso-oposición.
As bases da convocatoria están dispoñibles para todas as persoas interesadas no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Paderne:
🔗 https://sede.concellodepaderne.es/gl/
Para poder participar, é necesario estar desempregado/a e inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, sendo a selección das persoas candidatas realizada a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, segundo a correspondente oferta de emprego presentada na Oficina de Emprego de Betanzos.
O prazo de presentación de instancias é de tres (3) días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).




Comments