Ir o contido principal

Carballo convoca 28 prazas de socorristas de praia (OEP 2024)

O Concello de Carballo vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía nº 3295/2025 do 07/11/2025, a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para cubrir 28 prazas de persoal laboral fixo-descontinuo de Socorrista de praia, pertencentes ao Grupo Profesional V, incluídas na Oferta de Emprego Público Ordinaria 2024.

As persoas interesadas poderán presentar solicitude durante un prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Requisitos principais

  • Nacionalidade española ou condicións previstas na normativa para persoas doutros Estados.

  • Ter 16 anos cumpridos.

  • Capacidade funcional para as tarefas do posto.

  • Estar inscrito/a (ou ter presentada solicitude de inscrición) no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia na sección de espazos acuáticos naturais.

  • Acreditar o nivel de galego CELGA 2 ou equivalente, ou realizar a correspondente proba de lingua.

  • Presentar certificado médico o día das probas físicas.

  • Abonar a taxa de dereitos de exame, agás supostos de bonificación segundo a Ordenanza Fiscal 26.

Sistema selectivo

O proceso realizarase mediante concurso–oposición, segundo o previsto nas Bases Xerais e Específicas publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e na sede electrónica do Concello de Carballo.

A convocatoria inclúe tamén a creación dunha listaxe de substitucións, que poderá empregarse para futuras contratacións temporais.

Toda a información, modelos de solicitude e documentación complementaria están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Carballo (sede.carballo.gal).

Comments