Ir o contido principal

O Concello de Dodro abre o proceso de selección para crear unha bolsa de técnicos/as de orientación laboral do Programa Integrado de Emprego

O Concello de Dodro vén de aprobar, mediante resolución da Alcaldía do 10 de novembro de 2025, a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de técnicos/as de orientación laboral e prospección de emprego, destinada á execución dos Programas Integrados de Emprego municipais.

O proceso realizarase mediante sistema de concurso-oposición, e permitirá conformar unha bolsa para futuras contratacións ou nomeamentos cando así o requiran as necesidades do servizo, conforme ao EBEP e á normativa vixente de emprego público.

As persoas seleccionadas desenvolverán, entre outras funcións:

  • orientación e acompañamento laboral,

  • deseño e seguimento de itinerarios personalizados de inserción,

  • intermediación e prospección do mercado laboral,

  • colaboración con empresas,

  • xestión da bolsa de emprego do programa,

  • elaboración de informes e documentación técnica.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Titulación universitaria (grao, diplomatura, licenciatura, enxeñaría ou equivalente).

  • Celga 4 ou equivalente.

  • Permiso de conducir tipo B.

  • Ter aboada a taxa de dereitos de exame (20 euros), con bonificación do 50% para persoas demandantes inscritas durante máis de 6 meses.

Presentación de solicitudes

O prazo será de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera das vías previstas na Lei 39/2015.

As bases completas, así como a información sobre documentación, prazos, listaxes de admitidos/as e datas das probas, poden consultarse na Sede Electrónica do Concello de Dodro.

Comments