Ir o contido principal

O Concello de Burela convoca unha bolsa de emprego para o posto de administrativo/a

O Concello de Burela publicou no BOP de Lugo nº 263 (15/11/2025) a convocatoria dun proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego destinada á cobertura temporal de prazas e postos de administrativo/a.

A convocatoria foi aprobada mediante Decreto da Alcaldía nº 2025-1225, do 6 de novembro de 2025, co obxectivo de dispoñer de persoal cualificado para facer fronte ás necesidades urxentes da administración municipal, xa sexa como funcionario/a interino/a ou como persoal laboral temporal, segundo os supostos previstos na lexislación vixente.

Características do posto

  • Denominación: Administrativo/a

  • Grupo/Subgrupo: C / C1

  • Destino: As distintas unidades administrativas do Concello, segundo necesidades motivadas.

  • As funcións inclúen atención ao público, mecanografado de documentos, xestión de correspondencia, tarefas administrativas e uso das aplicacións informáticas municipais.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán:

  • Ter nacionalidade española (ou segundo artigo 57 do EBEP).

  • Ter cumpridos 16 anos.

  • Posuír título de Bacharelato, Técnico de FP de Grao Medio ou superior, ou equivalentes.

  • Acreditar capacidade funcional para o posto.

  • Non estar inhabilitado/a nin separado/a de servizo público.

  • Acreditar Celga 4 ou superior (ou realizar a proba de galego).

Presentación de solicitudes

  • Prazo: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación no BOP.

  • Lugar:

  • As solicitudes deberán presentarse no modelo oficial dispoñible na sede electrónica.

Máis información 

BOP Lugo Px 5

Comments