O Concello de Allariz abre o proceso selectivo para unha praza de técnico/a IOBE e crea unha bolsa de emprego
O Concello de Allariz vén de aprobar a convocatoria dun proceso selectivo por concurso-oposición para cubrir a praza de técnico/a IOBE como funcionario/a interino/a, así como para a creación dunha bolsa de emprego destinada a atender necesidades circunstanciais do servizo.
A convocatoria foi aprobada mediante a Resolución da Alcaldía nº 2025-0392, de data 13 de novembro de 2025.
As bases íntegras que rexen o procedemento atópanse dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal:
🔗 allariz.sedelectronica.gal
Así mesmo, todos os anuncios relacionados con este proceso publicaranse na mesma sede electrónica cando así corresponda segundo as bases.
Coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ábrese un prazo de dez días hábiles para a presentación de instancias por parte das persoas interesadas.




Comments