Ir o contido principal

O Saviñao publica a convocatoria para a selección de dúas persoas limpadoras ao abeiro do Plan Deputación 2025

O Concello do Saviñao vén de anunciar, mediante o Decreto de Alcaldía 2025-0391 do 14 de novembro de 2025, a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de 2 prazas de limpador/a. O proceso realizarase mediante concurso-oposición e está enmarcado no Plan Deputación de cooperación cos concellos 2025 (Programa B.3 – Reforzo do emprego).

As contratacións efectuaranse baixo a modalidade de persoal laboral temporal por circunstancias da produción, segundo o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro (Expediente 497/2025).

Presentación de solicitudes:
As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello do Saviñao, tanto de maneira presencial como electrónica, así como a través de calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Prazo:
O prazo estará aberto durante cinco días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Máis información:
As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica do Concello do Saviñao: http://concellodosavinao.sedelectronica.gal

Comments