Ir o contido principal

O Concello de Cariño abre o prazo para a contratación temporal dun peón ao abeiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Cariño vén de aprobar, mediante Resolución da Alcaldía do 13/11/2025, as bases reguladoras para a contratación temporal dun peón/peoa, dentro do programa de fomento de emprego xuvenil financiado a través da Orde do 13 de agosto de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.

A praza convócase mediante o sistema de concurso, cun contrato de duración determinada por nove meses, a xornada completa, e dirixida exclusivamente a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Requisitos principais

As persoas aspirantes deberán:

  • Ter entre 16 e 65 anos.

  • Posuír como mínimo o certificado de escolaridade ou equivalente.

  • Estar inscritas como demandantes de emprego e incluídas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

  • Acreditar a capacidade funcional para o posto.

  • Presentar a documentación indicada nas bases, incluíndo méritos e formación específica.

De non dispoñer do CELGA 1, deberá superarse unha proba obrigatoria de coñecemento da lingua galega.

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación das instancias é de catro días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña. As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica ou de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello.

Publicarase unha lista provisional de admisión, con prazo para reclamacións, e posteriormente a lista definitiva onde se indicará tamén o tribunal e a data das probas.

A documentación completa da convocatoria pode consultarse no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica municipal.

Comments