Ir o contido principal
maxia

MUSEO DA MAXIA

Por fin vos podemos anunciar iso no que levamos moito tempo traballando 💖

📅 Este xoves 20 de novembro comezamos unha nova etapa ca apertura do Museo da Maxia de Galicia. Un proxecto que consta de: 

🤯Un museo cheo de curiosidades e ilusións interactivas
♠️Visitas guiadas con maxia en directo
🎟️Programación regular de espectáculos máxicos
🪄Escola de maxia para nenos e adultos
🎩 Actividades para magos profesionais e aficionados
👀Outras moitas actividades que iredes descubrindo

Porque isto non vai só de maxia, vai de innovar, ilusionarvos e darlle a este sector o espazo que merece 👐

Esperámosvos a todxs nesta nova aventura ☺️💓

📍 Pl. San Miguel dos Agros, 5
🔮 Santiago de Compostela

Comments