Chantada acollerá a II Carreira San Silvestre no Corazón de Galicia 2025
O Concello de Chantada convoca a segunda edición da Carreira San Silvestre no Corazón de Galicia, unha proba deportiva, festiva e familiar que se celebrará o 27 de decembro de 2025 coa finalidade de fomentar a práctica do deporte entre persoas de todas as idades.
A saída e meta estarán situadas na Praza de Galicia, comezando ás 17:30 h para a rapazada e ás 18:00 h para os adultos.
Inscricións
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 25 de decembro ás 23:59 h a través da plataforma:
👉 www.championchipnorte.com
Categorías
-
Individual – 5 km
-
Por equipos (mínimo 5 membros) – 5 km
Premios
O Concello de Chantada achega un total de 740 € en premios. A contía repartirase do seguinte modo:
-
Categoría individual:
🥇 1º – 100 €
🥈 2º – 80 €
🥉 3º – 60 € -
Categoría por equipos:
🥇 1º equipo – 250 €
🥈 2º equipo – 150 €
🥉 3º equipo – 100 €
O xurado valorará especialmente o vestiario e a orixinalidade dos disfraces, podendo declarar premios desertos se non se acadan os mínimos de participación ou calidade. En caso de empate, o premio económico repartirase a partes iguais.
Os participantes deberán presentar as xustificacións correspondentes nun prazo máximo de tres meses tras a celebración da carreira.




Comments